Automorfismo

Un automorfismo do grupo de Klein mostrado de dous xeitos: unha permutación na notación de ciclos e unha correspondencia entre dúas táboas de Cayley.

En matemáticas, un automorfismo é un isomorfismo dun obxecto matemático en si mesmo. É, en certo sentido, unha simetría do obxecto e unha forma de mapear o obxecto en si mesmo conservando toda a súa estrutura. O conxunto de todos os automorfismos dun obxecto forma un grupo, chamado grupo de automorfismos.


Developed by StudentB